ACITUI - centro comercial aberto
ACITUI - centro comercial aberto

Acceso a socios

[ asóciate agora ]

ACITUI

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (ACITUI) foi constituida en 1996 froito da vontade de un grupo de comerciantes que se propoñen xuntar esforzos para facer fronte ás ameazas do entorno e mellorar a súa posición competitiva.

No ano 2000 experimenta un importante impulso, sobrepasando xa, por aquel entón, un cento de asociados, pero será no ano 2002 cando se consolide a súa traxectoria de crecemento.

Dende eses primeiros anos, a Asociación comeza a gañar presenza na sociedade a medida que vai reforzando e consolidando a súa relación con outros axentes sociais, e afianzándose como un interlocutor ante as institucións públicas e privadas.

As actuacións desenvolvidas durante esta última década, e sobre todo a raíz da posta en marcha do Proxecto de Centro Comercial Aberto ten suposto que esta entidade estea a acadar unha alta valorizacíón social, experimentando un extraordinario proceso de aproximación á cidadanía. A planificación e desenvolvemento de accións de dinamización a nivel local estase a perfilar como o ámbito máis axeitado para interactuar con clientes e visitantes, o que nos permite, cada día máis, dar unha resposa máis eficaz as necesidades dos mesmos.

O camiño andado deixa tras de sí unha estructura asociativa consolidada que nos permite avanzar hacia a execución de proxectos máis complexos.

Na actualidade conta con 178 asociados, e ten presencia no comercio, na industria e no turismo,ainda que o comercio segue mostando o maior índice de asociacionismo, ben sexa polo peso histórico da asociación ou ben pola propia estructura económica do concello. A actividade económica principal do concello de Tui é a comercial, o Índice Comercial (Índice comparativo da importancia do comercio) do concello acada o valor de 42 mentres que o industrial é de 27 no ano 2000

DE INTERESE

CAMPAÑA DE NADAL

[09.01.2012]

ACITUI sortea diversos premios entre os clientes dos establecementos asociados.

Exposición "ARQUITECTURA RELIXIOSA PARA O SÉCULO XX"

[22.11.2011]

Hoxe martes 22 de novembro celebrarase en Tui a Exposición “Arquitectura religiosa para o Século XX. Trabalhos seleccionados para a 2ª ediçao do concurso de arquitectura religiosa”

Deputación Pontevedra  Mercurio  Unión Europea EQUAL